Pino
de Galicia

Proceso de adhesión

Podrá solicitar a cualificación e uso da Marca de Garantía PINO DE GALICIA calquera persoa física ou xurídica, ou entidade sen persoalidade xurídica, que cumpra as condicións prescritas no regulamento de uso da marca.

A Fundación Arume, propietaria de marca PINO DE GALICIA, creou un Rexistro da marca de garantía no que figuran todas as empresas e entidades adherentes.

  • Categorías

    Ese Rexistro contempla a inscrición do adherente nalgunha/s das seguintes categorías:
     
    • Rematantes e/ou outros axentes que actúen como rematantes calificados.
    • Serradoiros e industrias de primeira transformación calificadas.
    • Industrias de segunda transformación calificadas.
    • Almacenistas calificados.
    • Grupos de empresas calificadas
  • Requisitos

    Para que unha empresa ou entidade sexa calificada no uso de marca Pino de Galicia, terá que cumprir cunha serie de requisitos comúns, entre eles os seguintes:
     
    • Dispor dun certificado en vigor de cadea de custodia de produtos forestais (PEFC e/ou FSC).
    • Subscribir un compromiso explícito de aceptación das normas deste Regulamento que lle sexan de aplicación e compromiso do seu cumprimento.
    • Ter a sede social na comunidade autónoma de Galicia. Permitirase, xustificadamente, a explotación e venda de madeira en rolo en territorio galego por rematantes e/ou outros axentes que actúen como rematantes de fóra de Galicia, previa autorización, cualificación e rexistro
    • Cumprir en todo momento cos requisitos de trazabilidade da materia prima e da madeira amparada por marca PINO DE GALICIA

      A maiores, PINO DE GALICIA definiu unha serie de compromisos específicos para cada unha das categorías de adherentes da marca.
  • Auditorías

    O cumprimiento dos requisitos esixidos polo regulamento de marca PINO DE GALICIA verificarase nunha auditoría inicial que realizará unha entidade de certificación independente.

    A auditoría inicial incluirá unha visita dos auditores da entidade de certificación para avaliar este cumprimento. Como parte do proceso de auditoría, a entidade de certificación pode identificar aspectos que non cumpran cos requisitos do Regulamento. Antes de conceder a cualificación, a entidade de certificación pediralle ás empresas que os resolvan nun prazo determinado.

    O Comité de Dirección da marca de garantía poderá designar a un ou varios dos seus membros para acompañar aos auditores durante a auditoría inicial, aos únicos efectos de velar pola correcta revisión dos requisitos recollidos no Regulamento, así como aos efectos de acreditar á Entidade de Certificación ou aos Auditores.

    Esa auditoría inicial seguirase de auditorías anuais de seguemento. Ao cinco anos, será preciso superar unha auditoría de renovación da certificación.

Solicitude

As empresas e entidades interesadas en adherirse teñen que dirixir a correspondente solicitude a PINO DE GALICIA. Poderá presentarse a solicitude cubrindo este formulario.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.