Pino
de Galicia

Os piñeirais

Orixe

O piñeiro galego (Pinus pinaster), coñecido tamén como piñeiro bravo ou do país, ten unha fonda vinculación con Galicia, pois os estudos palinológicos identificaron a súa presenza na comunidade desde hai polo menos 4.000 anos.

Durante toda esta traxectoria, as coníferas atravesaron por distintas fases en Galicia ao longo da historia, chegando a quedar moi reducida a súa superficie a mediados do século XVIII, probablemente ata o entorno das 1.000 hectáreas. Boa parte dos montes galegos mantiveron ata o século XX gran importancia gandeira e agrícola, pero desde un punto de vista forestal, chegaron prácticamente desarborados.

O esforzo de repoboación emprendido polos propietarios forestais no século XIX comezou a cambiar ese escenario, que mudaría de xeito máis acelerado no século XX, a partir das políticas públicas de reforestación iniciadas no primeiro terzo do século. Toda esa acción repoboadora tivo ás coníferas como especie protagonista, tanto nas plantacións públicas como nas privadas.

Especies e distribución

  • Piñeiro galego: O piñeiro galego (Pinus pinaster), también conocido como piñeiro bravo o piñeiro do país tien una honda vinculación con Galicia, dado o seu bo crecemento e a súa adaptación ó solo e clima galego, foi a especie máis utilizada, abarcando arredor da metade da superficie repoboada na comunidade por medio do antigo Patrimonio Forestal del Estado. É un piñeiro ampliamente extendido en toda a fachada atlántica do sur europeo, desde Nova Aquitania (Francia) ata Portugal.
  • Piñeiro silvestre: No interior galego, en Lugo e Ourense, combinouse o piñeiro do país co piñeiro silvestre (Pinus sylvestris), de crecemento máis lento pero adaptado a resistir as altitudes e os fríos da montaña galega, polo que predomina nas serras galegas a partir dos 900 metros de altitude. É o coñecido de xeito popular como ‘pino rojo’, unha especie amplamente distribuída polo centro peninsular e por toda Europa.
  • Piñeiro insigne: A terceira conífera en importancia nas repoboacións foi o piñeiro insigne (Pinus radiata), orixinario de Norteamérica, que se introduciu en Galicia a comezos do século XX por presentar un crecemento lixeiramente máis veloz que o piñeiro do país, o que permitía reducir as súas quendas de corta. Foi moi frecuente nas repoboacións da provincia da Coruña e tamén no interior de Lugo, onde mantén destacada presenza, e en Pontevedra. Trátase dun piñeiro amplamente distribuído en rexións forestais dos cinco continentes (Nova Zelanda, Chile, País Vasco, etc.), pois apréciase a súa rectitude de fuste e a súa aptitude madeireira.

Bioeconomía da madeira

De xeito paralelo ó proceso de reforestación que viviu Galicia no século XX, a comunidade dotouse dunha importante cadea industrial de aserradoiros, que xa a mediados do século pasado sumaba máis de 1.000 industrias do aserrado. Esa cadea forestal constituíu o cerne das actuais industrias galegas da madeira, centradas, igual que entón, en ofrecer madeira de proximidade e calidade.

A cadea do monte de Galicia está hoxe en día preparada para os retos ambientais que abre o actual escenario de cambio climático. Os piñeirais galegos ofrécenlle á sociedade unha madeira de proximidade co CO2 captado polas árboes, pois o dióxido de carbono captado polas árbores pasa a quedar almacenado en tódolos produtos da madeira, desde mobiliario ou envases ata as novas aplicacións da madeira nos edificios.

Multifuncionalidade dos montes

En Galicia córtanse cada ano arredor de 3,4 millóns de metros cúbicos de madeira de piñeiro, o que supón un 40% de tódolos aproveitamentos forestais. Eses aproveitamentos representan un volume de corta que equivale, de xeito aproximado, ó 60% do crecemento anual das masas de piñeiro de Galicia, un escenario que amosa a sustentabilidade do aproveitamento.

Os selos de certificación forestal FSC e/ou PEFC, empregados nos piñeirais galegos, permiten ademais garantir un manexo silvícola que responde ás preocupacións ambientais e sociais da cidadanía, que segue a ter unha fonda vinculación cos montes de coníferas.

A maiores do uso madeireiro, os piñeirais galegos manteñen multitude de usos complementarios. Son espazo habitual de ocio nos entornos periurbáns e costeiros, albergan aproveitamentos silvopastorais de gando, de leñas domésticas, coutos micolóxicos e serven tamén para a obtención de resina, unha actividade en recuperación.

Retos

O futuro dos piñeirais galegos están ameazados polo cambio climático e por diversos factores ambientais, como lumes, pragas e enfermidades. Para enfrontar eses escenarios, a cadea forestal galega está comprometida na mellora xenética dos piñeirais e no seu coidado, cunha selvicultura adaptada a estes retos. O obxectivo é lograr a pervivencia dos piñeiros en Galicia polo menos 4.000 anos máis.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.