Produtos
Os produtos amparados pola Marca de Garantía “PINO DE GALICIA” son os seguintes:
- Materia prima (madeira en rolo).
- A materia prima (madeira en rolo) á que se refire o uso da Marca de Garantía “PIÑEIRO DE GALICIA” deberá clasificarse en calidades en polo menos una das seguintes categorías:
- Rolla.
- Rolla primeira.
- Rolla selecta.
- Produtos terminados de 1ª e 2ª transformación.
Os produtos aserrados terminados de 1ª e 2ª transformación aos que se refire o uso da Marca de Garantía “PIÑEIRO DE GALICIA”, deberán clasificarse en calidades en polo menos una das seguintes categorías:
Clasificación por aspecto
- Primeira (limpa):
- Segunda ( semi-limpa):
- Terceira:
- Cuarta:
- Quinta:
Clasificación para uso estrutural
A clasificación estrutural pódese realizar mediante clasificación visual, seguindo a norma UNE 56544: 2011 “Clasificación visual da madeira aserrada para uso estrutural. Madeira de coníferas”, ou mediante clasificación mecánica conforme as partes 2 e 3 da norma UNE-EN 14081 correspondentes con UNE-EN 14081-2:2019 “Estruturas de madeira. Madeira estrutural con sección transversal rectangular clasificada pola súa resistencia. Parte 2: Clasificación mecánica. Requisitos complementarios para os ensaios de tipo” e UNE-EN 14081-3:2012 “Estruturas de madeira. Madeira estrutural con sección transversal rectangular clasificada pola súa resistencia. Parte 3: Clasificación mecánica. Requisitos complementarios para o control de produción en fábrica”.