Pino
de Galicia

Resumo de intervencións, conclusións e recomendacións a raíz do encontro sobre montes de 'Pinus pinaster'

Un documento recolle as cuestións abordadas nas dúas xornadas do evento que congregara en Mondariz a 40 técnicos e científicos de Galicia e Portugal

Resumo de intervencións, conclusións e recomendacións a raíz do encontro sobre montes de 'Pinus pinaster'

A Asociación Forestal de Galicia vén de presentar recentemente un documento que elaborou en base ao encontro científico – técnico transfronteirizo sobre os montes de ‘Pinus pinaster’, celebrado en Mondariz (Pontevedra) en marzo do 2024.

O obxectivo do encontro era o de analizar como mellorar a xestión forestal dos montes de piñeiro, así como a súa resiliencia a ameazas como o cambio climático, as patoloxías forestais ou os lumes.

O encontro contou coa participación dun grupo de 40 expertos, profesionais da xestión forestal e científicos, que reflexionaron durante dúas xornadas sobre os temas máis relevantes que afectan ao manexo dos montes de piñeiro do país (piñeiro bravo en Portugal) na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

O encontro estivo patrocinado pola Fundación Arume, conxuntamente coa Consellería do Medio Rural e Abanca.

Pódese consultar aquí o documento íntegro co resumo de intervencións, conclusións e recomendacións.

Descargar o arquivo completo.

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.