‘Piñeiros 24’ presenta un programa que pon o foco na descarbonización da construción, na innovación e en experiencias de xestión de montes
O evento, que lle dá este ano protagonismo á cadea forestal – madeira de Francia, contará co arquitecto que ideou a Vila Olímpica de París, Dominique Perrault

A Fundación Arume presenta o programa de Piñeiros 24: foro de coñecemento entre Galicia e Nova Aquitania-Francia, a cuarta edición do encontro internacional especializado nas coníferas, que se desenvolverá o martes 29 de outubro na Cidade da Cultura (Edificio Fontán).
Este ano, Piñeiros 24 contará cunha conferencia principal, a cargo do arquitecto que ideou a Vila Olímpica de París, Dominique Perrault; e con tres mesas redondas que abordarán cuestións claves na cadea forestal – madeira, como son o papel da madeira na descarbonización e industrialización da construción, experiencias na xestión de montes e, en terceiro lugar, innovacións en usos e produtos complementarios que se extraen das coníferas.
Este ano, Francia será o país coprotagonista de Piñeiros 24, igual que en anos anteriores se lle prestara unha adicación similar a Portugal (Piñeiros 23) ou a Euskadi (Piñeiros 22).
Francia, en especial a rexión de Nova Aquitania, é un dos referentes europeos no manexo do piñeiro do país (‘Pinus pinaster’), tanto a nivel forestal como industrial. En Piñeiros 24 contarase coa presenza de Xylofutur, o clúster de innovación do sector forestal – madeira do país veciño, e cunha serie de ponentes que explicarán a realidade da cadea monte – industria de coníferas en Francia.
A conferencia principal correrá ademais a cargo de Dominique Perrault, o arquitecto que ideou a Vila Olímpica de París, que en parte ergueuse sobre estruturas híbridas de madeira, formigón e aceiro.No proxecto, empregouse o CLT (madeira contralaminada) en partes estruturais dos edificios, xunto con madeira laminada e con entramados de madeira nas fachadas.
PROGRAMA
08:45 Recepción e acreditación de asistentes.
09:30 Apertura.
- José Carballo, presidente da Fundación Arume.
- Frédéric Carteret, presidente de Xylofutur.
- Representante institucional da Xunta de Galicia.
10:00 Conferencia: O gran París en movemento.
Dominique Perrault, arquitecto e urbanista.
10:30 A madeira na descarbonización e industrialización da construción.
Modera: Teresa Táboas, vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectura.
- María Aramendia, arquitecta e directora de desenvolvemento no Estudio LA/BA (Paris).
- Daniel Hermosilla, CEO en Grupo Rodiñas Pretensados.
- José Antonio de Pedro, director de desenvolvemento en Distrito Natural.
- Jacques Bouillot, director de solucións baixas en carbono no Grupo Eiffage Construcción.
12:00 Pausa café.
12:30 A xestión de montes: experiencias e perspectivas.
Modera: Asun Cámara, coordinadora de Juntos por los Bosques.
- Bruno Lafon, propietario forestal e presidente do Syndicat des sylviculteurs du Sud-Ouest, Nouvelle Aquitanie.
- Jesús Ferreño Naveira, presidente da Comunidade de Montes de Castelo, Culleredo.
- Erundina Louro, presidenta da Comunidade de Montes de Antas, A Lama.
- Pilar Pérez Batallón, propietaria forestal e socia de Fincas Carballido S.L., Lugo.
- Francisco Dosil, presidente da Sociedade de montes sostibles de Cúns, Outes.
14:00 Pausa para refrixerio.
15:30 Innovando co piñeiro.
Modera: Juan Picos, profesor da Escola de Enxeñaría Forestal Campus Pontevedra, UVigo.
- FORESA Technologies. Luis Alberto Otero, responsable de innovación.
- Société DRT (Grupo dsm-firmenich). Emmanuel Cazeils, responsable de innovación e desenvolvemento de negocio.
- Hifas Foresta. Enrique Fandiño, Plant Manager.
17:00 Peche. Representante institucional da Xunta de Galicia.
'Piñeiros24: foro de coñecemento entre Galicia e Nova Aquitania-Francia' conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera).