[En directo] – Piñeiros’22. Segundo Encontro Intersectorial do Piñeiro de Galicia
A Fundación Arume celebra hoxe en Santiago a segunda edición deste encontro arredor das coníferas. Abórdanse os desafíos e oportunidades que se lle abren ó piñeiro, dende un enfoque transnacional Galicia-Portugal
Comeza na Cidade da Cultura, Piñeiros'22, o segundo Encontro Intersectorial do Piñeiro de Galicia. Nesta edición abordaranse os desafíos e oportunidades que se lle presentan ás coníferas. Expertos de España e Portugal tratarán cuestións como a sustentabilidade do aproveitamento do piñeiro ou uso da madeira de coníferas na construción.