Pino
de Galicia

A Fundación Arume programa para o 10 de outubro ‘Piñeiros 23’, a terceira edición do encontro internacional sobre a cadea de valor das coníferas

O evento adicaralle este ano protagonismo á cadea forestal – madeira de Euskadi, un dos territorios do arco atlántico europeo que é referente en coníferas

Instante dunha das intervencións en Piñeiros 22.
Instante dunha das intervencións en Piñeiros 22.

A Cidade da Cultura de Santiago acollerá o martes 10 de outubro ‘Piñeiros 23’, a terceira edición do encontro internacional especializado nas coníferas. O evento, organizado pola Fundación Arume, convertiuse xa nunha cita clave para toda a cadea forestal – madeira, pois aborda cada ano innovacións e tendencias, tanto a nivel forestal como da cadea industrial dos piñeiros.

 

A maiores de analizar o escenario e perspectivas do sector en Galicia, a edición 2023 de Piñeiros daralle especial protagonismo a Euskadi, un dos territorios do arco atlántico europeo que é referente no manexo silvícola e no aproveitamento industrial do piñeiro radiata.

 

Coa inclusión de Euskadi no programa, séguese a liña iniciada o pasado ano, cando fora o sector forestal e da madeira de Portugal o convidado especial de Piñeiros, con investigadores, empresas e outras entidades do país veciño participando nas distintas mesas do programa.

 

Deste xeito, consolídase o posicionamento internacional do encontro Piñeiros, pois cada ano serve de escaparate non só das innovacións e tendencias en Galicia, senón do camiño que se está seguindo noutros territorios nos que a cadea forestal – madeira de coníferas é punteira e recoñecida a nivel internacional.

 

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.