Pino
de Galicia

Presentación da marca Pino de Galicia en Galiforest

Abordaranse os retos e oportunidades que se presentan no mercado actual para a madeira de piñeiro de calidade comercializada baixo este selo

Presentación da marca Pino de Galicia en Galiforest

A Fundación Arume presentará en Galiforest (Sergude, Boqueixón) un balance do lanzamento da marca Pino de Galicia, nunha xornada na que tamén se analizarán os retos e oportunidades para a madeira de calidade comercializada baixo este selo, impulsado dende a Fundación.

A xornada celebrarase o venres 1 de xullo, de 11.00 a 14.00 horas na Carpa do auditorio da feira e está cofinanciada pola Axencia Galega da Industria Forestal, XERA.

En concreto este será o programa da xornada:

11.00 horas. - A marca Pino de Galicia. Presenza actual no mercado (David Lorenzo. Secretario do comité de marca de Pino de Galicia. Profesor da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra).

11.30 horas. -Novos usos da madeira cara a unha construción sostible e industrializada (Manuel Guaita. Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e director de Pemade).

12.00 horas. - Descanso café.

12.30 horas. - Evolución dos prezos das coníferas e perspectivas de futuro (Laura Lozano, directora comercial de Maderas Goiriz).

13.00 horas. - Mesa Redonda. Retos e oportunidades das coníferas no contexto actual de incerteza. (Modera Ana Busto, adxunta á dirección en Serrerías Rodríguez).

 

No marco da feira Galiforest, a Fundación Arume tamén organiza unha xornada sobre a obtención de planta forestal mellorada.

 

Presentación da marca Pino de Galicia en Galiforest

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.