A Fundación Arume organiza un Encontro para abordar as perspectivas da madeira de piñeiros en Galicia
O evento acollerá ademais a constitución formal da marca Pino de Galicia, con participación de tódalas empresas que inicialmente se suman ó selo de garantía
O futuro dos montes de piñeiro en Galicia e as perspectivas do mercado da madeira de coníferas son as dúas cuestións que centrarán o I Encontro Intersectorial do Piñeiro de Galicia, que se celebrará o próximo mércores 27 de outubro na Cidade da Cultura (Edificio CINC), en Santiago. O Encontro, que levará por título Piñeiros ‘21: Conectando Monte e Mercado, acollerá tamén a constitución formal da marca de garantía Pino de Galicia, con participación de tódalas empresas da madeira que inicialmente se suman ó selo.
Coa organización do Encontro, a Fundación Arume busca ofrecer perspectivas claras para toda a cadea monte industria sobre a folla de ruta a seguir no sector. O evento artellarase a modo de coloquios temáticos nos que intervirán profesionais ligados ó monte e á madeira, ben desde un ámbito empresarial, técnico ou académico.
Abrirá a xornada matinal unha análise sobre o ‘O futuro da madeira de coníferas’ e xa á tarde celebraranse mesas especializadas en dúas salas paralelas, unha centrada no Monte e outra no Mercado.
Dado que o aforo para asistir ás mesas temáticas do Encontro é limitado, poderanse seguir tódalas ponencias por ‘streaming’ a través da web e das redes sociais da Fundación Arume e da súa marca de garantía, Pino de Galicia. Tamén será posible a asistencia presencial á xornada de tarde, sempre que haxa prazas dispoñibles. Pódese cubrir o seguinte formulario tanto para a asistencia presencial de tarde como para o seguemento por streaming (a fin de recibir os enlaces por mail).
Descarga eo programa completo: aqui
Evento organizado con al colaboración de XERA Axencia Galega da Industria Forestal.
